jueves, 3 de abril de 2025

Ioga en 1º e 2º

 Hoxe nas clases con 1º e 2º de primaria inicámonos na práctica do ioga. A práctica do ioga a curtas idades conleva múltiples beneficios, tanto a nivel físico como emocional. A través de xogos, posturas sinxelas e técnicas de respiración adaptadas á súa idade, o ioga axúdalles a mellorar a súa flexibilidade, equilibrio e coordinación. Ademais, favorece a concentración, a xestión das emocións e a relaxación, aspectos fundamentais nesta etapa inicial do seu desenvolvemento. O ioga tamén promove a autoestima e o respecto cara aos demais, creando un espazo seguro no que os pequenos poden coñecerse mellor e aprender a coidar do seu corpo e da súa mente.

Quedamos moi relaxados!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...