miércoles, 18 de junio de 2025

O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “X” no día correspondente. Ao final do mes, quen teña máis marcas poderá escoller un xogo na clase de Educación Física. As marcas facíanse antes do recreo para non interromper a clase. Os tipos de merendas consideradas saudables foron: os lácteos sen azucre engadido, froitas e froitos secos naturais, bocadillos con pan integral e embutidos sen graxas, e outros procesados caseiros sen azucre, como a repostería feita na casa.

Gustounos moito a dinámica e axudounos a elixir opcións máis nutritivas e saudables.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...