viernes, 28 de febrero de 2025

Iniciámonos no colpbol

Este mes de febreiro iniciámonos no colpbol en 5º e 6º. 

O colpbol é un deporte colectivo e mixto no que dous equipos de sete xogadores compiten por introducir unha pelota na portería contraria, utilizando unicamente golpes coas mans, sen suxeitala nin collela. Cada xogador só pode dar un toque seguido ao balón, o que favorece a participación de todo o equipo e fomenta a cooperación. Non se permite o contacto físico, nin empurróns nin bloqueos, o que garante un xogo limpo e respectuoso. O obxectivo principal do colpbol é traballar en equipo, manter o balón en movemento e marcar goles sen deixar de respectar ás persoas e as regras do xogo.

Gustounos moito!



  


jueves, 6 de febrero de 2025

XIV Carreira Solidaria

 O pasado xoves 30 de xaneiro, polo Día Escolar da non violencia e da Paz, celebramos no centro a XIV Carreira Solidaria da Paz. Nesta carreira, o alumnado de infantil, primaria e ESO do noso cole e de outros coles do concello esforzáronse correndo o máximo de voltas que foran capaces para recaudar cartos con fins solidarios. 



O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...