miércoles, 18 de junio de 2025

O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “X” no día correspondente. Ao final do mes, quen teña máis marcas poderá escoller un xogo na clase de Educación Física. As marcas facíanse antes do recreo para non interromper a clase. Os tipos de merendas consideradas saudables foron: os lácteos sen azucre engadido, froitas e froitos secos naturais, bocadillos con pan integral e embutidos sen graxas, e outros procesados caseiros sen azucre, como a repostería feita na casa.

Gustounos moito a dinámica e axudounos a elixir opcións máis nutritivas e saudables.















martes, 17 de junio de 2025

Torneo de xadrez no noso concello

 Este sábado celebrouse no pavillón deportivo de Panxón o XII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol. Nel participou alumnado de 1º, 3º e 4º de primaria do noso cole. Estamos moi orgullos@s deles!






viernes, 6 de junio de 2025

I Semana da Roda

Durante esta semana, con motivo do Día da bicicleta (3 de xuño), estivemos celebrando nas clases de Educación Física a I Semana da Roda. Que ben o pasamos montando nas bicis, patíns e monopatíns!



      




O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...