sábado, 26 de abril de 2025

Xogos populares co alumnado de intercambio de Manchester

 A semana do 22 ao 29 de maio tivemos invitados no centro: o alumnado de intercambio do centro St Catherine's, de Manchester. O xoves día 24 celebramos unha xornada de convivencia entre alumnado galego e alumnado inglés a través de xogos tradicionais: petanca, bolos celtas, rá, corda... Que ben o pasamos dando a coñecer as nosas tradicións!







jueves, 3 de abril de 2025

Ioga en 1º e 2º

 Hoxe nas clases con 1º e 2º de primaria inicámonos na práctica do ioga. A práctica do ioga a curtas idades conleva múltiples beneficios, tanto a nivel físico como emocional. A través de xogos, posturas sinxelas e técnicas de respiración adaptadas á súa idade, o ioga axúdalles a mellorar a súa flexibilidade, equilibrio e coordinación. Ademais, favorece a concentración, a xestión das emocións e a relaxación, aspectos fundamentais nesta etapa inicial do seu desenvolvemento. O ioga tamén promove a autoestima e o respecto cara aos demais, creando un espazo seguro no que os pequenos poden coñecerse mellor e aprender a coidar do seu corpo e da súa mente.

Quedamos moi relaxados!




martes, 1 de abril de 2025

Probamos o Quadball!

 O pasado martes 25 de marzo acompañounos nas clases de Educación Física de 5º e 6º de EP Brais, un exalumno do noso cole que xoga nun equipo dun deporte alternativo: o Quadball. Aínda que non o coñecíamos, pronto todos/as captamos as normas e nos puxemos mans á obra para probalo na aula. Encantounos! Esperamos repetir moi pronto!










O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...