miércoles, 5 de marzo de 2025

Programa FOGGA

 

Durante o 2º e 3º trimestre temos leite e froita nos recreos grazas á participación no programa FOGGA. O programa FOGGA: Froita e Lácteos na Escola é unha iniciativa destinada a fomentar hábitos de alimentación saudable entre o alumnado de educación primaria. A través da distribución gratuíta de froita fresca e produtos lácteos nas escolas, búscase concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia dunha dieta equilibrada dende idades temperás. Ademais de mellorar a súa nutrición, este programa promove o consumo de alimentos naturais fronte a outros ultraprocesados, contribuíndo ao benestar físico e ao rendemento académico do alumnado. É unha aposta pola saúde e pola educación nutricional no ámbito escolar.

Que rico todo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso sanómetro

 Durante este curso puxemos en marcha o sanómetro:  cada vez que un alumno ou alumna levaba unha merenda saudable ao cole, marcábase cunha “...