O pasado luns 21 de outubro saíron para as casas dos alumnos e alumnas de Educación Primaria as mochilas viaxeiras da biblioteca do cole. Este ano tiveron unha novidade: ademais de levar unha chea de libros de diferentes temáticas, tamén inclúen un material de Educación Física: unha corda!
Xunto con esta corda incluimos unhas tarxetas e unha serie de propostas de xogos para facer de forma individual ou con familia e amigos/as. Buscamos así contribuir a aumentar a cantidade de actividade física que se realiza no tempo de lecer.
Esperamos que vos guste!


No hay comentarios:
Publicar un comentario